Punto Limpo
En cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno, publicarase de forma periódica e actualizada a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da nosa actividade relacionada co funcionamiento e control da actuación pública.
O parque de reciclaxe ou "punto limpo" é un centro de uso voluntario equipado con colectores específicos, capacitados para recibir e almacenar residuos dos particulares coa excepción do lixo doméstico.
Horario e días de apertura:
- De luns a venres: de 11:00 h a 14:00 h e de 16:30 h a 10:30 h.
- Sábados: de 10:00 h a 14:00 h e de 16:30 h a 20:30 h.
RESIDUOS ADMISIBLES
- Entullos de obras menores domiciliarias.
Mobles:
- Mobles de uso común, non metálicos.
- Máximo: 2 unidades de cada tipoloxía.
Metais:
- Aluminio e outros.
- Produción doméstica.
Outros voluminosos (madeira):
- Máximo: 1 metro cúbico.
- Palés de madeira: 2 unidades (máximo)
Material electrónico:
- Ordenadores e en xeral aparellos electrónicos.
- Máximo: 1 unidade de cada tipoloxía.
Electrodomésticos liña branca:
- Lavadoras, lavalouzas, neveiras, conxeladores, secadoras, etc.
- Máximo: 1 unidade de cada tipoloxía.
Electrodomésticos liña marrón:
- Televisións, vídeos, cadeas de música, etc.
- Máximo: 1 unidade de cada tipoloxía.
Pneumáticos:
- Máximo: 4 unidades.
Restos de poda:
- Producción doméstica.
- Máximo: 960 litros.
Vidro:
- Producción doméstica.
Envases, latas e briks:
- Producción doméstica.
Papel e cartón:
- Máximo: 25 quilogramos.
Baterías:
- Máximo: 1 unidade.
Pilas:
- Producción doméstica.
- Non se admiten as procedentes de industrias ou empresas.
Fluorescentes:
- Máximo: 4 unidades.
Aerosis:
- Máximo: 10 envases.
Aceites vexetais procedentes de consumo alimentario:
- Máximo: 10 litros.
Aceites minerais e sintéticos:
- Máximo: 10 litros.
RESIDUOS NON ADMISIBLES
- Lixos urbanos orgánicos.
- Materiais explosivos.
- Medicamentos (xaropes, vacinas, etc.)
- Residuos infecciosos.
- Residuos clínicos.
- Residuos radioactivos.
- Recipientes voluminosos (volume superior a 30 litros), que contiveron residuos perigrosos.
- Residuos sen identificar.
- Residuos non identificables in situ.
- Outros residuos perigrosos ou non, non incluídos na relación de admisibles.
ENDEREZOS
POLÍGONO DO TAMBRE
Vía Edison, 46 - Santiago de Compostela. Teléfono:. 981 564 894
FIGUEIRAS - PIÑOR
Figueiras - Piñor - Santiago de Compostela. Teléfono: 620 148 310