CANLE DE DENUNCIAS

A través da canle de denuncias calquera cidadán poderá comunicar ou informar de actuacións contrarias á integridade institucional no Concello de Santiago de Compostela das que teña coñecemento.

Para que as comunicacións presentadas sexan tomadas en consideración non poderán ser xenéricas, deberán identificar ou achegar algún dato que permitan identificar os feitos denunciados e, indicarán algún elemento de proba que permita razoablemente a súa verificación ou determinar o tratamento que se lle dará á información comunicada.

As denuncias serán tratadas de xeito anónimo e o denunciante terá plena garantía de indemnidade, de acordo co previsto na Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión Europea. O tratamento anónimo das denuncias determina que non sexa posible informar ao denunciante sobre as conclusións do proceso de investigación que se inicie.
Compartir: