Cita Previa

En cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno, publicarase de forma periódica e actualizada a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da nosa actividade relacionada co funcionamiento e control da actuación pública.



SISTEMA DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA

O novo sistema de cita previa e xestión de quendas do Concello permite solicitar cita previa de xeito telemático nas principais oficinas do Concello.

Pode atopar a información xeral nesta páxina, e máis detalles na seguinte presentación:

Manual do sistema de cita previa

CANLES PARA SOLICITAR CITA PREVIA

A cita previa pode solicitarse a través das seguintes canles:

a. Desde calquera ordenador, tableta ou teléfono móbil, a través da páxina web de cita previa do portal municipal:

 https://citaprevia.santiagodecompostela.gal

b. A través da webapp de cita previa, á que se pode acceder a través do código QR que aparece máis abaixo. Esta webapp permite ademais utilizar outras funcionalidades, como por exemplo, informar á oficina da súa chegada (CHECK-IN).

QR cita previa

c. A través dun sistema de resposta telefónica automática (IVR), chamando ao número de teléfono seguinte:

 881 50 51 07

 d. Chamando por teléfono á oficina para a que quere pedir cita (ver máis abaixo).

 

PASOS A SEGUIR PARA UTILIZAR CITA PREVIA

  • Paso 1. Solicitar a cita previa nunha Oficina municipal, para un determinado trámite e un día e hora concretos. (Pode facelo a través dalgunha das canles antes indicadas).
  • Paso 2. Ao chegar á oficina no día e hora sinalados, informar da súa chegada (CHECK-IN). Pode facelo a través da webapp usando o código QR que atopará na entrada da oficina, ou utilizando o posto dispensador de quendas dispoñible na propia oficina.

  • Paso 3. Esperar a que se lle chame e se lle indique o número de mesa que ten asignado. O aviso chegará directamente ao móbil se optou por esta opción, polo que non será necesario esperar no interior das oficinas. 

    Nota: En breve se engadirá a opción de ser atendido por vídeochamada para algúns trámites.

OFICINAS CO NOVO SISTEMA DE CITA PREVIA

  • OFICINA DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA
    • Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo
    • Número de teléfono: 981 543 128 
  • REXISTRO XERAL (OFICINAS DA RÚA GALERAS)
    • Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo
    • Número de teléfono: 981 543 122 
  • REXISTRO AUXILIAR DO ENSANCHE (OFICINAS DO ENSANCHE)
    • Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo
    • Número de teléfono: 981 543 001 
  • OFICINA DE ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE
    • Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo
    • Número de teléfono: 881 599 977 / 981 542 384 
  • PADRÓN DE HABITANTES
    • Enderezo: Praza do Obradoiro 1, (acceso pola Praza de Raxoi)
    • Número de teléfono: 981 542 318 
  • REXISTRO E INFORMACIÓN DE URBANISMO
    • Enderezo: Praza do Obradoiro 1, 2º andar
    • Número de teléfono: 981 542 420 
  • TRÁFICO
    • Enderezo: Praza do Obradoiro 1, (acceso pola Costa do Cristo)
    • Número de teléfono: 981 542 321 

Nota: O departamento de Benestar Social dispón da súa propia xestión de cita previa.

Descargas
Compartir: