Itinerario Verde

En cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno, publicarase de forma periódica e actualizada a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da nosa actividade relacionada co funcionamiento e control da actuación pública.



Itinerario Verde

O Itinerario Verde é un proxecto que, unha vez completado, crerará un gran corredor de máis de 15 km de lonxitude que rodeará e comunicará entre sí os principais espazos verdes urbanos, poñendoos a súa vez en relación cas restantres zonas verdes existentes: con outros parques e xardíns, cos camiños rurais e forestais e cos diferentes Camiños de Santiago, creando unha gran senda verde urbana que facilitará a integración e o diálogo da cidade co seu entorno natural.

Introducción Itinerario Verde

Compostela é coñecida fundamentalmente polo se patrimonio cultural, que lle valeu o recoñecemento de Cidade Patrimonio da Humanidade. Menos recoñecido pero igualmente valioso é o seu patromino natural. Desenvolvida entre os ríos Sar e Sarela, hoxe configúrase entre amplas zonas verdes que contribúen á calidade ambiental e calidade de vida.

Os parques, regularmente distribuídos, contan cunha rede de sendeiros útiles para o paseo, o exercicio físico ou o achegamento a natureza, e poden servir de rutas alternativas para moverse pola cidade sen o acompañamento do tránsito motorizado.

O Iitinerario Verde Urbano pretende aproveitar as potencialidades dos sendeiros dos parques como rutas urbanas, rutas saudables que sen dúbida permitirán descubrir unha Compostela diferente, una Compostela viva, e gozar dos sons, das formas e das cores dunha natureza sempre cambiante.

Sinalizáronse 3 rutas circulares, con inicio e remate na Alameda, tres rutas de distnta lonxitude identificándoas con cores. A sinalizaciión horizontal marca o percorrido, sempre no sentido das agullas do reloxo; a sinalización vertical permite visualizar o conxunto do trazado, identificar a posición nel e recoñecer alternativas para continuar; tamén informa dos quilómetros desde o punto de inicio e da pendente. Son, no seu conxunto, un convite ao paseo polos parques, que cada quen pode facer do xeito que máis se adecúe aos seus hábitos e aos seus intereses; un convite ao paseo, desde a convicción de que servirá para mellor coñecer e, por tanto, máis valorar as zonas verdes públicas de Compostela.

Liña Violeta

A liña violeta, de 14 Km, descorre por parques moi significativos de Compostela. Como as outras liñas, o punto de inicio e o de regreso é a Alameda, parque emblemático da cidade, do que a súa conformación se iniciou a finais do século XIX. Hoxe alberga especies arbóreas procedentes dos cinco continentes e exemplares singulares; conserva vivos os seus paseos e ben aproveitados os seus miradoiros, ademais de contar cun punto de información sobre as zonas verdes da cidade.   O parque de Galeras onde o río Corgo se deita no Sarela, non ten máis de 20 anos pero conta con algunha especie pouco habitual, como a tipuana; situado a escasos metros da catedral e rodeado de vivendas, é non obstante con asidiudade pola garza. Outro tipo de visitantes, algúns interesados pola moderna arquitectura, son os que recibe o parque de Vista Alegre, antiga finca señorial que conserva carballeira, froiteiras e bancos de mesas de pedra, ademáis de encherse de cor na floración de azaleas e conservala coa das hortensias.   O estanque que se forma coa auga do río Corgo caracteriza o parque Da Música en Compostela, a carón do Auditorio de Galicia; as faias poñen a nota de color encarnada á beira dos muros da antiga finca de Lois. E, cando chega o inverno e moitas árbores se ispen de follas, os parques da Valgada de Vite ofrecen variedade de coníferas e vizosos acivros cheos de froitos encarnados.   A Ponte Mantible, por onde viña a auga para as fontes da cidade, é o punto de desencontro das tres rutas circulares. A violeta torna a cara o Monte da Almáciga, con moreiras no seu punto máis alto, desde o que se avista a Catedral. E logo pasa por San Domingos de Bonaval, con mosteiro e antigo camposanto; na primavera chamará a atención, no xardín dos frades, o castiñeiro de Indias, cos seus ramos de flores rosadas, e en calquera época do ano a circulacion da auga que sae da mina escavada no propio parque. O de Belvis, ocupa a valgada do mesmo nome; diversidade de equipamentos, diversidade de espazos limitados por muros de pedra; hortas públicas, espazo de froiteiras (destaca a lustrosa folla dos caquis), pérgola con glicina, miradoiro, área de xogo infantil, labirinto de camelias, Casa do Medio Ambiente... O regato vai ao río Sar, alí onde se desenvolven as Brañas. E pasando por diante da fonde dos Capitáns, de lendaria historia, a ruta chega á Pontepedriña e entra no Parque Eugenio Granell para seguir polos parques de Conxo, e beireando o Campus Sur, voltar a Alameda pola  Carballeira de San Lourenzo, restos dunha antiga carballeira a carón do mosteiro de Trasoutos.

Liña azul

O percorrido da liña azul nace e morre, como o das outras dúas na Alameda; a diferenza delas, percorre os parques máis altos do nordeste da cidade: o parque Avilés de Taramancos e o máis recente das Cancelas.

En Ponte Mantible o itinerario ate entón único, bifúrcase en tres: a liña azul ascende cara o parque Avilés de Taramancos. Á altura da escultura "Porta de Compostela" (de Camilo Otero), deixando atrás o vello acueduto avístase o depósito de auga das Cancelas, no punto máis elevado do parque Avilés de Taramancos; a auga, indispensable para a vida, condicionante do desenvolvemento da cidade, antes e agora.

Avilés de Taramancos é un parque relativamente recente e aínda con pouco arborado; un par de eucaliptos, algúns piñeiros, algúns carballos; destaca a cor branca da codia dos bidueiros, sobreo todo no outono,  cando van perdendo as follas, entón amarelentas. Desde o alto, hai unha ampla vista da cidade precedida polos edificions que hoxe ocupa a Xunta de Galicia, unha vista que se vai reducindo no descenso a través do parque das Cancelas, que conta na zona de estancia cunha escultura de Garmendia.

Despois a ruta adéntrase no parque de Carlomagno, ao leste do barrio das Fontiñas. O Camiño en pendente, beirado de chopos, pasa a carón dun miradoiro con glicinia, de olorosas flores azuis; o cambio de rasante coincide co inicio das escaleiras de descenso que enlazan co paseo de acacias de Xapón e hortensias.

A ruta atravesa o río Sar pola rúa Fontes do Sar, e descorrendo pola base do Monte Gaiás atravase de novo o río Sar a carón da Colexiata de Sar, do século XII, para acceder logo ás Brañas e enlazar coas outras dúas liñas a altura da fonte dos Capitáns.

A liña Aazul, como as outras dúas, continúa polo parque Eugenio Granell, para retornar a Alameda despois de pasar polos parques de Conxo. No outono, Ponte Pereda énchese da cor encarnada dos carballos americanos e a Carballeira de San Lourenzo.

Desde a fonte dos capitáns hai outra opción: regresar a Ponte Mantible a través dos parques de Belvís, Bonaval e a Almáciga seguindo a traza da liña violeta.

Liña Laranxa

E ao chegar a Ponte Mantible que a liña laranxa se separa das outras dúas e prosegue cara o norte, dirección ao Parque dos Salgueiriños, onde o río Corgo inicia o seu curso acompañado dun ronsel de ameneiros e salgueiros. Un curso curto que remata no Parque de Galeras e sen embargo moi expresivo do tratamento que se deu aos ríos cando deixaron de ser considerados arterias de vida; tramos soterrados, baixo o asfalto ou baixo os parques, tramos encaixados en cemento e só de cando en vez, o río na súa forma natural. Que por certo, recupera agora no espazo que ocupara a antiga feira de gando.

Pozo da Neve é unha pequena área verde que se conserva no noma e na pedra a pegada un uso non moi lonxano; conservar a neve que se utilizaba na cidade para prover de frío alimentos ou medicamentos. As mimosas ven sendo substituídas por outras árbores como as sobreiras, de espesa cortiza; na primavera énchese de color coas flores das azaleas, que se estenden ata o Cruceiro da Coruña.

Despois a ruta segue pola Avenida de Asturias, entre humidais e bosques, ate o Mercado de Gando, onde toma unha decidida dirección sur para chegar ao Parque de San Lázaro, e, seguindo a traza do Camiño Francés, enlazar coa liña azul e entrar no Parque de Carlomagno para continuar conxuntamente ate a Alameda.

Outra opción e seguir a sinalización da liña azul e, desde o inicio do Parque de Carlomagno, regresar a Ponte Mantible polos parques das Cancelas e Avilés de Taramancos.

Proyecto cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional

FACILITANDO SERVICIOS DEL AYUNTAMIENTO POR Y PARA LOS CIUDADANOS (nº solicitud 312-000111851)
Proyecto cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Compartir: