Dereito de acceso á información
En cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno, publicarase de forma periódica e actualizada a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da nosa actividade relacionada co funcionamiento e control da actuación pública.
Para exercer o dereito de acceso a información debe presentar unha solicitude
a) Por medios electrónicos (información de publicidade activa).
b) De forma presencial, na oficina de atención á cidadanía.
Pode consultar os pasos a seguir, requisitos e horarios -cando se trate dunha solicitude presencial-, na sección correspondente da web do Concello.
Por outra banda, se tivera queixas e suxestións en relación ao acceso á información, pode utilizar as canles electrónicas ou presenciais citadas para presentalas.
Formulación de queixas/suxestións sobre o acceso á información pública
A oficina encargada da tramitación das queixas e suxestións presentadas no Concello de Santiago é a Oficina de Queixas e Suxestións dentro da sección de Atención á Cidadanía, que realiza a xestión administrativa da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións
A través do sistema. de Suxestións e Reclamacións podo manifestar calquera insatisfacción ou desconformidade coa actuación do concello respecto á denegación total ou parcial do dereito a información regulado na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno e na Ordenanza de transparencia, acceso a información pública e reutilización de datos da administración do Concello de Santiago.
A presentación de queixas non supón, de ningún xeito, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer a cidadanía.
Reclamacións e recursos
Se o Concello non lle constesta, denega a súa solicitude, ou non está conforme coa información notificada, poderá presentar:
- Reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, ou do órgano que determine a Xunta de Galicia, no prazo dun mes dende a notificación da resolución, ou dende o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.
- Recurso ante a Xurisdición Contecioso-Administrativa no prazo de dous meses.
Normativa de aplicación
Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno.
Ordenanza de transparencia, acceso a información pública e reutilización de datos da administración do Concello de Santiago de Compostela. Aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 20 de outubro de 2016. Publicada no BOP da Coruña do 3 de novembro de 2016.